Artigo sobre Reganosa no periódico "Cinco Días"
O periódico "Cinco Días" publica hoxe, sobre as ilegalidades de Reganosa, un interesante artigo de opinión, asinado polo periodista Miguel Angel Aguilar, quen anuncia continuar co tema.
Desde Santurce a Bilbao
Miguel Angel Aguilar (30-11-2007) Publicado en: Edición Impresa - Opinión
Cantabamos de pequenos en honra do comercio, ao que daban vida as mozas emprendedoras de entón, as estrofas que empezaban"desde Santurce a Bilbao, vengo por toda la orilla, con la falda remangada, luciendo la pantorrilla, vengo deprisa y corriendo, porque me aprieta el corsé, voy gritando por las calles: ¡quién compra!, sardinas frescué. Mis sardinitas, que ricas son, son de Santurce, las traigo yo". Recoñezamos que aquelas pioneiras trataban co peixe e que se lucían a pantorrilla era para incentivar a comercialización, como sucede agora nos anuncios da prensa ou os anuncios de televisión.
Pero máis aló da estampa costumista que evoca esta cantata popular, o seu arranque podería servir para caracterizar a España dos desastres ecolóxicos perpetrados nas nosas costas. Porque efectivamente, desde Santurce a Bilbao ou desde Totana ao Puerto de Santa María ou á ría de Ferrol xa podemos ir -non saltando de árbore en árbore como podían facer os esquios para pasar desde Gibraltar até os Pireneos, en épocas anteriores ao culto arboricida, senón de apartamento en apartamento e de torre en torre- sen tocar o chan.
Estes últimos días, os abusos urbanísticos con arrastres ecolóxicos irreversibles saltaron en Totana (Murcia) -patria moza dos Garrigues- pero convén atender tamén a outros casos, en especial cando quedan sorprendentemente ocultos sen romper a barreira de silencio.
Vexamos, por exemplo, o que está sucedendo na ría de Ferrol coa planta de regasificación promovida por Reganosa, barbarie fronte á que se estrela a oposición cidadá. Os seus clamores contra a ilegalidade que supón esa planta, contra os perigos que engade a súa absurda localización, así como as súas alegacións polo incumprimento das máis elementais normas de seguridade industrial e ambiental, carecen de eco algún nos medios de comunicación, se se exceptúan as páxinas do diario La Opinión de A Coruña, e de aí a consecuente desatención da Xunta, cuxos actuais responsaábeis proceden coma se debesen subrogarse nas corrupcións financeiras e políticas características dos tempos da presidencia de Manuel Fraga. Velaquí algúns botóns de mostra:
Estes últimos días, os abusos urbanísticos con arrastres ecolóxicos irreversibles saltaron en Totana, pero debe atenderse a outros casos
- A instalación da planta de Reganosa incrustouse no corazón da ría de Ferrol nun lugar onde dentro dun radio de 2.000 metros viven máis de 7.000 persoas, cuxo caserío presenta vivendas a distancias de apenas 80 metros. En ningunha planta de gas en España sucede nada semellante.
- Á planta só se pode acceder desde o mar aberto a través dunha estreita canle de escasa profundidade e de máis de 4 quilómetros de lonxitude. Estas condicións impiden o tránsito dos grandes buques gaseros fóra das dúas horas diúrnas de pleamar, único intervalo en que se dispón da luz e o calado suficiente para a súa navegación, e iso sempre que os fortes ventos habituais non o impidan.
- Os fondos mariños desta canle están clasificados como lugar de interese comunitario (LIC) e quedan baixo normas de protección integral, polo que debe excluírse a posibilidade de proceder a dragarlos.
- Os tanques da planta atópanse dentro da zona de seguridade para a defensa nacional fronte ao arsenal de Ferrol. De modo que os buques gaseros coa súa carga de gas natural licuado (GNL) quedarían fondeados a menos de 200 metros dos buques de guerra e do resto das instalacións militares da Armada.
- No seu informe de agosto de 1999 o contraalmirante Pedro Español Jofre de Villegas, co respaldo do almirante xefe da Zona Marítima do Cantábrico, Rafael Morales Robledo, fixo constar a gravidade da situación descrita pero a reacción do ministro de Defensa Federico Trillo limitouse a pasar á reserva ao almirante Morales.
Miguel Angel Aguilar
Xornalista
____________
Enlace orixinal no xornal económico de ámbito estatal "Cinco Días"
______________
Marcadores: Desde Santurce a Bilbao, Miguel Angel Aguilar